jueves, 17 de enero de 2008

IV. A FUXIDA DAS PEDRAS DO CASTELO DE OUTES

O abandono do Castelo de Outes, segundo nos informaron os testigos, parece que debeu de ser xa nos primeiros anos do século XVI.

Non hai constancia documentada de que nel se fixera algún tipo de arranxo por parte da Igrexa de Santiago, á quen pertencía, despois de que llo entregara a ésta o Patriarca de Alexandría, D. Alonso de Fonseca e Acevedo.

Así, as ruinas dos seus edificios foron a través dos anos, a pesar do difil acceso que hai para acadar o cume, unha avezada canteira para ós veciños da zona polo que hoxe atopámonos que as casas do lugar do Castelo, segundo a tradicción dos seus donos foron levantadas coas pedras que trouxeron os seus antepasados do monte da Torre. Tanto esto é así, que podemos ver na casa de Antonio Núñez unha marca dos canteiros na cabeza dun sillar que fai de xamba na porta que da acceso á vivenda, o que nos indica con case toda seguridade que pertenceu á antiga fábrica da fortaleza medieval. Tamén me comentaron os veciños desta casa que no interior había varias marcas máis que foron tapadas, cando lle fixeron as derradeiras reforma á vivenda. Esta é a marca que está á vista:

+

Resulta tamén interesante observar, tanto nesta casa como na que está á súa beira, uns muiños de man. O que está na casa de Antonio Núñez é de maior diámetro có de Xosé Moledo, o que nos indica, que posiblemente pertenceran á derradeira etapa castrexa, mentres que o de Moledo, de menores dimensións, cabe a posibilidade de que sexa da época intermedia dos homes que, con toda seguridade, poboaron este lugar entre os séculos II a. de Xto. e V d. de Xto.

As terras e os arredores onde estivo situada a fortaleza e as outras edificacións, por seren tan pobres e escarpadas perderon interés por parte da Igrexa para mantelas, o que fixo que a traveso dos anos e coa posta en práctica da desamortización, se converteran en montes comunais e foran repartidas en “leiras” entre os veciños, con posterioridade.

A desamortización foi un proceso moi longo e complicado.

Coa subida ó trono de Isabel II empoezaron unha serie ininterrumpida de guerras civís, coñecidas como as guerras carlistas, que arruinaron a facenda pública de tal xeito, que o estado non era capaz de pagar siquiera os intereses da déveda externa. Para solventar este problema que xa viña padecendo a país dende o ano 1806, o papa Pío VII, nese mesmo ano autorizou a venda dunha septima parte dos predios das igrexas, mosteiros e conventos das catro ordes militares.

En España a concentración de terras mortas nas mans duns poucos e a falla de campesiños propietarios que fixeran producir esas terras máis cos actuais donos: nobres e eclesiásticos, fixo deste problema unha cuestión social que o estado intentou relver por medio de varios decretos.

Os primeiros decretos xurden xa nos anos 1809 e 1813, pero tiveron escasa repercusión. No ano 1820 inténtase poñer en vigor o promulgado en 1813, que xurdiu das Cortes de Cádiz. Así pois, nese ano de 1820, suprimíronse tódolos mosteiros das ordes monacais, coengos de San Agustín, premostratenses, conventos e colexios das ordes militares; os de San Xoán de Xerusalén; os de San Xoán de Deus e tódolos hospitais.

Aínda que se venderon algunhas das mellores fincas, os recursos que sacou o estado destas vendas, foron nefastos, porque a caida do réxime constitucional, fixo inoperante o decreto de 1820, e os bens vendidos, tiveron que ser devoltos ós seus antiguos propietarios co conseguinte prexuizo para ós compradores.

A rexencia de Isabel II apoiou ós liberais en contra do absolutismo defendido polos carlistas, poñendo de actualidade novamente a desamortización. Así o 19 de febreiro de 1836, Mendizabal logra que as Cortes aprobasen a lei de desamortización eclesiástica, que se fixo coa finalidade de “amortizar a déveda pública”, agrandada nese intre, polas guerras carlistas. Con esta lei os bens do clero secular, quedaban postos por primeira vez á venda. Pero hai que subliñar, que esta lei, obra persoal do ministro Mendizabal, non tivo aplicación ata despois de 1840.

A normativa da lei proposta por Mendizabal levaba en sí mesma os defectos da demagoxia que a concebira, o que impedía que esta fora eficaz, tanto para ó estado como para ós mesmos campesiños, pois segundo ésta, o pago do remate, podíase facer: 1º con títulos da déveda consolidada, ou con diñeiro en efectivo, comprometéndose o comprador a facer os pagos nas condicións que este previamente elexira, polo que o estado a penas podía sacar algún rendemento. 2º Calquera persoa podía pedir unha tasación oficial e tamén a inmediata subasta, dunha finca non tasada; se na subasta non había unha poxa maior, automáticamente, adxudicábaselle ó peticionario. Esto fixo que os influintes e poderosos se quedaran coa maior parte das grandes fincas, ó tasalas á baixa e coa ausencia de poxas. 3º Prevendo esto, Mendizabal propuña, que as fincas foran divididas en pequenas parcelas, (“postas” no caso da Barreira ou “leiras” no caso do Castelo de Outes e no Castelo do Castro de Montes) polo que se lle poideran vender ós pequenos agricultores, cousa que sucedeu en Galicia coas mellores fincas. No caso que nos ocupa, non se chegaron siquiera a vender, senon que se repartiron entre os veciños ó quedar despois de moito tempo abandoadas, como “terreos comunais”.

Esta é a relación dos actuais propietarios das “Leiras da Torre” do Castelo de Outes.

143 Novío Dosíl, Xosé.
144 Trillo Trillo, Tereixa.
145 Gosende Dosíl, Dominga.
146 Baña Fornís, Manuel.
147 Núñez Lourido, Antonio.
148 Núñez Novío, María.
158 Abelleira Paz, Carme.
159 Moledo Rodríguez, Manuel.
160 García Gosende. Domingo.
161 Baña Fornís, Manuel.
162 Tuñas Novío, María.
163 Martínez Núñez, Estrella.
164 Moledo Rodríguez, Manuel.
188 Gosende Dosil, Dorindo.
189 Descoñecido.
190 Campos Núñez, María.
191 Novío Dosíl, Manuel.
192 Moledo Gosende, Manuel.
193 Moledo Rodríguez, Manuel.
194 Núñez Lourido, Antonio e
Núñez Lourido, Dolores.
195 Baña Fornís, Manuel.
196 Novío Dosíl, María.
197 Gosende Dosíl, Dominga.
198 Moledo Rodríguez, Manuel.
199 Núñez Lourido, Dolores e
Núñez Lourido, Antonio.(1)


(1) Esta lista está rigurosamente copiada do actual Catastro do Concello de Serra de Outes.





Santa María de Beariz de Montes, 2005.

Xesús Antonio Gulías Lamas.

4 comentarios:

Rambito dijo...

Non sei como pode ser tan preocupante que derriven vivendas a veira do mar, ou edificios en estado ruinoso.Creo que hai cousas mais preocupantes como o furto de tan preciadas reliquias que co tempo e ignorancia rematan por perder todo o seu valor no esquecemento. Isto de apropiarse do alleo debeu de ser unha "moda" no seu tempo, porque na actualidade existen hortas e xardins que contan con pezas artisticas en pedra de gran beleza(moas,muiños,enormes pias circulares reconvertidas en maceteiro...) que xa nadie lembra de donde viñeron.Hai moitos casos parecidos no concello de Outes, como pode ser o castro de Briòn ou o mosteiro do Freixo do cal tamen foron aproveitadas as suas pedras para a construcciòn de casas e cubertos.Digo todo isto porque moitos lembraredes a tìpica situaciòn do veràn:-Un turista deten o seu coche para facer a pregunta do millòn ("oye que no somos de aqui y queriamos parar a ver algo de valor cultural o artistico¿sabes de un puesto de informaciòn turistica? o ¿que teneis para ver?. Ainda que posteriormente sempre os mandamos que vaian mollar os pès à praia porque despois de ter tan preciadas xoias en outro tempo...Non imos mandalos a ver catro pedras mal chantadas.

Rambito dijo...

Despois de resolver calquer posible traba burocratica;unha posible soluciòn para a recuperaciòn do noso patrimonio artistico poderìa ser facer uso dos fondos destinados à escola taller de aprendizaxe, como tamen dos destinados òs obreiros do mantemento do concello. Que ninguen me mal interprete.Sò digo que en vez de destinar fondos pra que os rapaces da escola taller voten 1 mes ou 2 levantando un muro de pedra de 4m. de longo e a posteriori lles dean un titulo...Podìamos empregalos na reconstrucciòn d'algun que outro monumento en constante deterioro; como pode ser o mosteiro,castelo de Outes ou castros que hai pola zona entre outros.Asi mesmo, ampliar no posible a plantilla dos empregados de mantemento do axuntamento para reforzar no posible a reconstrucciòn do noso preciado patrimonio cultural.Porque persoalmente creo que xa BASTA de andar hormigonando camiños de monte que case ninguen transita, levantar parques infantìs de recreo que rematan caendo en desuso...(que alguen me diga cantos cativos xogan no parque do pantalàn do "Requeixo" ou por exemplo no campo de futbol de "Pontenafonso" donde os herballos son xa mais altos que as porterias) Cabe decir tamen, que o alcalde actual è moi bo alcalde.O mellor de todolos tempos diria eu.Explicome:-O axuntameno ten uns fondos destinados a mellorar infraestructuras, polo tanto a calidade de vida e o medioambiente do que disfrutan os cidadàns.Pero como a terceira idade neste concello è maioritaria (asi mesmo os votos) sempre tende a pedir ò alcalde que arranxen un camiño,que fagan unha beirarrùa ou que acondicionen un lugar de recreo para os netos entre outras cousas.Como bo alcalde que è, case sempre cede e construe no posible todo canto se refira as esixencias dos cidadàns. Calquer outro alcalde que entrase a ocupar o posto, actuarìa de igual ou peor maneira porque ò non ter a maioria dos votantes (terceira idade) contentos, non durarìa nin unha hora no posto. RESUMINDO: Veñobos decindo todo isto, non porque as xestiòs dos fondos sexan de todo malas.Senòn porque è o momento de actuar.A època de bonanza econòmica rematou.Temos unha infraestructura vial xogando a favor e en contra como è a ponte do Engano.A favor porque cada vez mais xente se acerca as nosas plaias, e en contra porque como hai plaias mais grandes que as nosas e con facil estacionamento de vehiculos..a maioria de turistas non entra pola Serra de Outes e pasa de largo o noso territorio en menos de 10 minutos.A ponte do engano è unha infraestructura NECESARIA, agora somos nòs os que deberiamos de saber atraer turistas (beneficios) ò noso concello.Sinceramente hai turistas que si,que veñen sò por darse un chapuzòn na plaia.Pero pola miña experiencia de cara ò publico hai outros moitos que veñen fartos de plaia e buscan trankilidade,coñecer a historia d'un monumento, entrar nel e tirar fotos e ver unha fermosa paisaxe.¿Como podemos conseguir potenciar o turismo?-mellorando o patrimonio historico que o concello de Outes agocha entre a maleza dende tempos inmemoriales-.Asi os turistas poderian ver os nosos rios e regatos e sacarse fotos nas nosas fermosas paisaxes.Porque hai que ter claro que non sò hai boas paisaxes nun mirador, senon que tamen hai boas estampas no interior dos nosos frondosos montes.Querido lector, se chagastes hasta aqui, recibe o meu mais cordial saudo por ter tan grande paciencia leendo todo isto ;)

Manuel Carlos Barreiro Añón dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Manuel Carlos Barreiro Añón dijo...

Estou moi dacordo contigo. Non coñecía a historia deste castelo e resúltame tremendamente interesante, así como moi triste que pouca xente no noso concello (incluindo ós máis maiores e sobre toda as autoridades)teñe interese no tema.